Os numerosos e fieis seguidores do equipo levan facéndose esta pregunta varios meses. O tempo en que o Obradoiro, de vivir unha fulgurante estrea na ACB (a piques de xogar a Copa), pasou a loitar case xa sen folgos pola permanencia na categoría.
Lesións e máis lesións, inestabilidade nos despachos… e moita, moita mala sorte. Dun Obradoiro capaz de gañar ó mesmísimo Real Madrid, dun equipo de corazón que soubo conquistar o sentimento da afición compostelá, pasamos a ver a un conxunto mermado, decaído, triste…
A pérdida de Kostas Vasileiadis, o último en caer lesionado, está resultando decisiva nesta recta final da temporada. Sen o grego, máximo anotador do equipo, o Obradoiro ten serias dificultades para puntuar e sacar os partidos adiante. A derrota fronte ó Bizcaia Bilbao Basket foi unha nova xerra de auga fría. A última e controvertida decisión do técnico, Curro Segura, foi apartar á fichaxe máis cara do equipo, Jeremiah Massey, con vistas ó próximo partido.¿Dará resultado?
Verémolo esta fin de semana. Toca dar todo no Sar para superar ó Meridiano Alacante e poder manter unha esperanza que, pouco a pouco e irremediablemente, vaise esgotando. Pois se esgotan as posibilidades. Quedan tan só seis xornadas, seis finais, polo que o futuro do Xacobeo Blu:sens Obradoiro xógase este domingo no Sar.
Sen máis, moita sorte Obra!
